A xira “artística” dos Bolechas recala en Muros en decembro

07 Novembro 2023

O programa cultural FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística está levando a varios concellos da nosa comarca, este outono-inverno, o espectáculo teatral para a rapazada Os Bolechas visitan en familia unha galería de arte, protagonizado polos personaxes creados polo debuxante Pepe Carreiro.

Logo das citas ren Rianxo (o 28 de outubro), en Porto do Son (o 29) e na Pobra do Caramiñal (o 4 de novembro), o espectáculo recalará en Muros o día 3 de decembro, ás 12.30 horas no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil.

Nesta nova función atoparemos aos Bolechas nun museo de arte onde se poden contemplar cadros do tempo dos seus avós, e dos seus bisavós, e dos seus tátara-tátara-tataravós… cadros por exemplo as obras de Castelao, Lugrís ou Picasso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...