A mostra “O Linogravado dixital” rende no Museo do Gravado de Ribeira, homenaxe a Pablo Picasso con obras de 52 artistas que se mergullaron nesta técnica

16 Novembro 2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da exposición O linogravado dixital. Homenaxe a
Pablo Picasso no Museo do Gravado de Ribeira. Esta mostra recolle as obras dos 52 artistas que participaron nos cinco obradoiros de linogravado realizados entre os anos 2022 e 2023 realizados polo museo.
O proxecto de homenaxe a Pablo Picasso está financiado a través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e a Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital. “Con esta colaboración queremos render homenaxe ao artista Pablo Picasso, quen deixou un legado moi interesante respecto aos linogravados sobre o carácter obxectivo dos procesos técnicos que levou a cabo para obter as súas estampas”, afirmou o director xeral de Cultura.
Pablo Picasso, durante a súa longa e frutífera traxectoria artística, explorou o campo da obra gráfica, onde atopou un medio de creación alternativo ao debuxo e á pintura, ademais de permitirlle unha maior difusión do seu traballo, xa que a obra gráfica posibilita obter varias estampas iguais a partir dunha mesma imaxe-matriz. Entre estas técnicas que espertaron o seu interese atópase o linogravado, co que realizou 199 imaxes.
Durante o acto de inauguración da exposición tamén se presentou o seu libro-catálogo, no que se inclúe unha publicación inédita titulada O gravado en relevo en Galicia. A linoleografía, de J. Daniel Buján, na que se amosa con exemplos de linogravados a historia
desta técnica en Galicia.


‘Gyotaku gravado’
O linogravado dixital. Homenaxe a Pablo Picasso está conformada polas pezas que se realizaron nos obradoiros de gravado, impartidos polos profesores José Fuentes, Antonio Navarro e Isabel Carralero, da Universidade de Salamanca. Os alumnos descubriron as técnicas de linogravado que o artista Pablo Picasso empregou nas súas obras, ademais de outras técnicas novidosas impartidas no obradoiro. “Coa realización destes talleres quixemos render homenaxe a este mestre universal”, destacou Anxo M. Lorenzo.
Durante este mes e xaneiro de 2024 realizaranse novos obradoiros de gravado, baixo o nome Gyotaku gravado, para que esta técnica gráfica se expanda a máis persoas. En novembro, o Museo do Gravado de Ribeira acolle estes talleres mañá, o sábado e o
domingo, mentres que en xaneiro as datas previstas son os días 25, 26 e 27.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...