A función teatral “Soños” chegou á comunidade educativa da Pobra

20 Novembro 2023

Despois de que se representase ante o público xeral, agora a función teatral Soños, de Artefeito+Culturactiva+Igaxes, diríxese en exclusiva a parte da comunidade educativa da Pobra do Caramiñal.

O instituto regresou neste 20 de novembro ao Teatro Cine Elma como espectador da segunda peza teatral que lle achega a Concellaría da Cultura ao público educativo co patrocinio de CONGALSA, empresa local alimentaria.

Alumnado do 2.° e do 3.° da ESO aproximouse á situación da mocidade tutelada de xeito integral. A escrita provén do contacto directo do autor, Fernando Epelpe, e da directora, Tamara Canosa, con rapaces e rapazas de vivendas tuteladas, que levan as súas experiencias ao escenario cun contido realista e directo que reflicte algúns dos obstáculos que afrontan no seu día a día. Ademais, o respecto ás distintas culturas é outro dos temas centrais.

Con relación a isto, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, explica que “estas sesións convidan á reflexión e sensibilizan a través da arte. Se na semana pasada se abordou a diversidade sexual no ámbito rural galego por ocasión do Día Internacional para a Tolerancia, nesta é a quenda de tomar conciencia sobre as distintas realidades que vive a xuventude.”

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...