A Deputación e os produtores e cociñeiros da provincia salientan o interese acadado pola nosa gastronomía no Fórum Gastronómic

09 Novembro 2023

A Deputación da Coruña fixo balance da súa participación no Fórum Gastronómic de Barcelona, unha presenza que veu acompañada de diferentes produtores locais (A Conserveira, a Despensa D´Lujo, Bonilla a la vista, Costumes Galicia, Queixo Galmesán e Choiva Viños), cociñeiros e profesionais da provincia que coincidiron en salientar o éxito acadado dende o stand da área de turismo da Deputación. Houbo unha exposición permanente de produtores, demostracións (showcookings), catas, charlas e ata a elaboración do ritual da queimada (unha das actividades de meirande repercusión e que xerou máis interese).

Un ano máis, a entidade provincial encheu de xente as súas actividades “que sorprenderon e conquistaron a un público moi esixente”, sinala o vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira.

Os representantes dos produtos locais de A provincia que sabe coincidiron en salientar as oportunidades comerciais xurdidas neste espazo, que lles brindaron contactos con distribuidores, xornalistas e un público profesional moi especializado. Tamén resaltaron os bos resultados das sinerxías establecidas entre eles baixo o amparo institucional da Deputación da Coruña, que lles permitiron aumentar a visibilidade das súas marcas e unir forzas para dar a coñecer no seu conxunto os diferentes produtos “que saben”.

Dende a Deputación destacan a calidade destes produtos como clave do seu éxito, “nun contexto de moi alto nivel cun público que busca innovación, sustentabilidade e autenticidade” apunta Regueira. Éxito que tamén se reflectiu nas actividades que se desenvolveron, “con pases repletos de xente que quería ver as propostas”, como foi o caso dos showcookings, ou a queimada. “A excelencia da nosa horta e do noso mar xa está contrastada, e aínda así somos quen de seguir sorprendendo a un público que espera o mellor” engade. Sobresae tamén o éxito dos vermús que se exhibiron, “impresionou moito xa que é unha bebida que non se vincula a Galicia nin á Coruña”.

Ademais dos produtos agroalimentarios, a Deputación exhibiu no escaparate internacional que supón o Fórum Gastronómic de Barcelona a cociña de chefs de catro xeodestinos da provincia (Ría de Muros – Noia; Costa da Morte; Ferrolterra e As Mariñas). Foi o caso de Pepe Senande de A muradana de Muros; Fernando Rodríguez e Eva Mª Guzmán, de O Secadeiro de Outes; Adrián Loureiro e Alberto Cuenca, de Furna Atlántica de Caión (Laracha); Silvia Facal, de Balarés (Ponteceso); Adrián Pérez, de Sinxelo de Ferrol, e Lolo Mosteiro e Paula Martínez, de A Artesa da Moza Crecha (Betanzos).

Produtos locais e de quilómetro cero, cociñeiros e outros profesionais protagonizaron a programación da Deputación nesta edición do Fórum Gastronómic de Barcelona, demostrando con numerosos contactos comerciais establecidos e actividades repletas de público o bo facer e o bo saber da provincia da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.