A Deputación da Coruña asigna ao Barbanza 6.360.635,11 euros do POS+ e máis do POS Social

27 Novembro 2023

A Deputación da Coruña aprobou en pleno, con 17 votos favorábeis (do PSOE, do BNG e de Alternativa dos Veciños) os orzamentos da entidade provincial para o ano 2024, que serán de 222.151.200 euros, a contía máis alta da historia da institución e un 7,2 % superior ao do actual exercicio.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, defendeu que os orzamentos terán como principais prioridades “a creación de emprego, o benestar social e o desenvolvemento do rural” e destacou a gran importancia de programas coma o Plan único de obras e servizos (POS+) ou o Plan de emprego local (PEL), que, segundo dixo, “están sendo fundamentais para a creación de emprego, infraestruturas e oportunidades, en particular nos pequenos municipios da provincia”.

O deputado de Facenda, do Grupo Socialista, José Ramón Rioboo, incidiu en que os orzamentos están feitos “desde o rigor económico e a responsabilidade social”, manteñen a “débeda cero” dos últimos nove anos e conteñen importantes incrementos en áreas como Acción Social (24,3 millóns de euros, un 6,5% máis), Emprego (16 millóns de euros, un 24,1% máis) ou Vías e Obras (23,3 millóns de euros, un 20% máis).

Rioboo destacou tamén “a creación dunha nova área de Mar e Medio Rural” dentro do goberno provincial, con 8,3 millóns de euros consignados, “que contemplan investimentos para confrarías de pescadores, entidades e empresas do sector agrícola e gandeiro e apoio para a promoción de produtos locais, artesanía ou pequeno comercio”.

No área de Política Social, a Deputación incrementa este ano o seu orzamento ata os 24,3 millóns de euros (+6,5 %). Os orzamentos inclúen un novo incremento de 100.000 euros para ao programa de Servizos Sociais Comunitarios, que durante o mandato de Valentín González Formoso pasou de 4 millóns a 8,7 millóns de euros anuais, o que permite a contratación de 179 profesionais do ámbito social nos concellos de menos de 20.000 habitantes e o financiamento de 411.000 horas de servizo de axuda no fogar

A partida para apoiar as entidades sociais da provincia contará o vindeiro ano con 4,6 millóns de euros, uns fondos que permiten apoiar a 273 asociacións da provincia para contratar persoal, mellorar os seus centros ou impulsar programas de rehabilitación, tratamento e inserción sociolaboral que melloran a vida de miles de persoas.

Polo que se refire ao desenvolvemento do rural, a nova área de Mar, Agro e Medio Rural, creada neste mandato, disporá en 2024 dun orzamento de 8,9 millóns de euros, entre os que destacan os 661.000 € (+29%) destinados a axudas a confrarías de pescadores e mariscadores/as da provincia, os 818.000 € (+33%) para fomento agrícola e gandeiro ou o 1,3 millóns que se destinarán a promoción de produtos locais, artesanía e comercio.

Ademais, a área de Cultura incrementa este ano o seu orzamento nun 11,3 % ata os 11.451.4000 euros, con programas como a Rede Cultural, o maior circuíto estable de actuacións ao vivo de Galicia, con 2,3 M€ de orzamento ou os 3,6 M€ que a Deputación destina a apoiar as entidades culturais da provincia nas súas actividades e investimentos.

A área de Deporte contará con 6,6 millóns de orzamento con programas que inclúen 4 millóns de euros para apoiar a máis de 655 entidades deportivas no seu labor de promoción do deporte de base, 1 millón de euros para contratar técnicos de Deportes nos concellos máis pequenos da provincia e bolsas para deportistas, que este ano se incrementan de 45 a 52, cun orzamento de 182.000 €.

A rede provincial de estradas que xestiona a Deputación da Coruña conta con 2.100 quilómetros de lonxitude. O orzamento do departamento de Vías e Obras sobe en 2024 un 20% ata os 23,3 millóns de euros. Deles, 12,6 millóns destínanse a conservación, 2,1 M€ a investimentos, 4M€ a obras urxentes e mantemento e 1,3 M€ a obras de mellora das estradas que se transfiran aos concellos.

A mobilidade sostible seguirá sendo tamén un dos eixes de acción da Deputación da Coruña, que no anterior mandato puxo en marcha 130 novos quilómetros de vías ciclistas en 19 concellos da provincia, entre elas os da Senda ZEC, que bordea o encoro de Cecebre ou a Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, a maior Vía Verde de Galicia.

O orzamento da área de Turismo alcanza en 2024 os 6,3 millóns de euros. Un investimento que inlcúe o desenvolvemento dos Plans de sustentabilidade turística (PSTD) de Cabo Ortegal, Fragas do Eume, Fogóns do Anllóns,Vía Verde e Baterías de Costa de Ferrolterra, que suman máis de 4 millóns de euros.

Asignación de fondos do POS+2024

Comarca do Barbanza

-Boiro

POS+ /2024: 691.533,99

(POS Social): 111.281,33

Total: 802.815,32

-Carnota

POS+ /2024: 320.503,67

(POS Social): 51.575,30

Total: 372.078,97

-Lousame

POS+ /2024: 357.217,95

(POS Social): 57.483,35

Total: 414.701,30

-Mazaricos

POS+ /2024: 590.765,21

(POS Social): 95.065,67

Total: 685.830,88

-Muros

POS+ /2024: 438.927,82

(POS Social): 70.632,06

Total: 509.559,88

-Noia

POS+ /2024: 472.436,56

(POS Social): 76.024,27

Total: 548.460,83

-Outes

POS+ /2024: 453.849,53

(POS Social): 73.033,26

Total: 526.882,79

-Pobra do Caramiñal (A)

POS+ /2024: 356.060,83

(POS Social): 57.297,15

Total: 413.357,98

-Porto do Son

POS+ /2024: 514.304,00

(POS Social): 82.761,56

Total: 597.065,56

-Rianxo

POS+ /2024: 452.359,00

(POS Social): 72.793,40

Total: 525.152,40

-Ribeira

POS+ /2024: 831.004,36

(POS Social): 133.724,84

Total: 964.729,20

Total POS+: 5.478.962,92

Total POS Social Barbanza: 881.672,19

Total Barbanza: 6.360.635,11

Pran de Emprego Local

Nos orzamentos 2024, o Plan de Emprego Local (PEL) incrementa tamén o seu orzamento en 2024 ata os 16 millóns de euros (un 24,1% máis). Este incremento no orzamento permitirá reforzar programas de contratación de persoal en empresas e concellos e apoio ao emprendemento, pero ademais, o PEL apostará en 2024 por potenciar sectores estratéxicos como a biotecnoloxía, a economía circular ou o sector audiovisual, coa construción de Coruña Estudo Inmersivo (CEI), o maior estudo audiovisual virtual de España, que se localizará na Cidade das TIC.

Así, Coruña Estudo Inmersivo (CEI) supón un investimento de 8,6 millóns de euros, co-financiado con fondos do Plan de recuperación do Goberno de España no marco do proxecto España, Hub audiovisual de Europa. A Deputación adxudicou o pasado agosto a Telefónica o desenvolvemento da tecnoloxía por 6,1 millóns de euros e ten en licitación a construción do edificio que albergará o CEI por 2,5 millóns de euros.

Outros artigos

Venres con chuvascos e baixa das temperaturas. Temporal no mar

Na xornada do venres seguimos en zona de chuvascos que veñen tras a fronte e que serán localmente treboentos e acompañados de sarabia, ó que hai que engadir a chegada dunha masa de aire polar marítima que fará que algún deses chuvascos sexan de neve, coa cota arredor...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...