A Cooperativa de Ribeira OPP 83 organiza o 18 de novembro a segunda xornada de degustación do lirio, “En ruta co lirio”

14 Novembro 2023


A Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira – OPP 83 organiza en colaboración coa Asociación de Empresarios e a Asociación de Hostaleiros de Ribeira a II Xornada de Degustación En ruta co lirio, para o vindeiro 18 de novembro. Dende a cooperativa achegarase gratuitamente lirio fresco fileteado a cafeterías, bares e restaurantes do concello.

Así, e deste xeito, cada bar, cafetería e restaurante escollerá unha tapa para facer co dito produto.

Segundo informa a cooperativa, “un dos requisitos fundamentais para formar parte desta xornada, tendo en conta a cultura da tapa de Ribeira, é que a tapa será, como o ano pasado, sempre gratuíta, só pagarán os clientes aos restaurantes que decidan facer un prato co lirio para ese día e o engaden á súa carta habitual”.

O horario para esta degustación de tapas será ao longo de toda a xornada do 18 de novembro, así, e deste xeito, as veciñas e veciños de Ribeira e, os que visiten o concello durante esta xornada, poderán degustar a tapa do lirio tanto ao mediodía como á noite.

Unha primeira edición que contou cun éxito de participación, xa que finalmente son 10 os establecementos que participen nesta convocatoria. Estará presente A Recoveira coa súa tapa México Lirio e querido, tamén estará A Fiestra Café-Bar con seus Rollitos de Lirio, Brétema con Suspiros de Ribeira, El Golimbreo con Hoy me Lurio, Esmorga con Tempura de Lirio, Esmorga con Lirio en bolitas, Café Plaza con Xudemil de Lirio, El Gourmet Alján co seu Crujiente de Lirio en San Simón, Tío Pepe cos seus Lirios arrabiados, Pedra Pateira co seu Lirio ao estilo Bandourrio e o Restaurante Xardín co seu Lirio acevichado.

Esta acción, incluída dentro do Plan de Produción e Comercialización (PPyC) anual deste 2023, ten como obxectivo iniciar unha estreita colaboración entre a OPP 83 e a hostalería de Ribeira, co fin de promover xornadas en épocas de menor afluencia para a hostalería e poñer en valor o peixe fresco de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.