A campaña do 25N da Deputación céntrase nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno

15 Novembro 2023

A área de Igualdade da Deputación da Coruña, liderada pola deputada Soledad Agra, presentou este martes 14 de novembro os detalles da nova edición da campaña provincial De Fronte á violencia de xénero, lanzada novamente con motivo do 25N e co obxectivo de “incidir na sensibilización e concienciación da mocidade”. Centrándose nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno, inclúe diferentes accións específicas en torno a este obxectivo, e outras máis xenéricas dirixidas á poboación xeral. As accións específicas para as novas xeracións terán unha vertente claramente dixital, tal e como se pon de manifesto na web da iniciativa.

“As agresións sexuais en contextos de ocio nocturno estanse dando cada vez máis habitualmente e normalizando” apuntaba a deputada de igualdade. “É unha situación moi grave na que poñemos o foco, porque queremos que as nosas rapazas non teñan medo a saír, e poidan divertirse con tranquilidade e seguridade”, engadía.

Nunha iniciativa á que están adheridas 91 concellos, 82 entidades sociais e 35 centros de ensino, a Deputación pon á súa disposición, e tamén á do público en xeral, diferentes recursos como documentación, vídeos, e guías de actividades, entre outros, para traballar conceptos básicos sobre violencia de xénero con distintos colectivos, así como a posibilidade de descargar a imaxe gráfica da campaña en diferentes formatos.

No eido da celebración do 25N, a área de igualdade da entidade provincial desenvolverá unha serie de actividades que a continuación se detallan.

Programación

-Obradoiros. Levaranse a cabo un total de 14 obradoiros “formulados en positivo”, cunha duración mínima de 2 horas, onde cuestionar mensaxes e hábitos que alimentan as violencias sexuais en contextos de lecer e festa. Dirixidos a alumnado de IES da provincia, colectivos e asociacións xuvenís e persoas usuarias de centros de atención á diversidade, farase uso de ferramentas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para realizar unha pequena peza audiovisual en formato stop motion con pezas LEGO. Estes obradoiros comezaron o 9 de novembro na asociación Íntegro de Cabana de Bergantiños e percorrerán Boiro, Cedeira, A Pobra do Caramiñal, Arzúa, Corcubión, Ribeira, A Coruña, Ordes, Outes, Muros, Santiago e Zas durante o mes de novembro.

-Acto institucional. Na mañá do 24 de novembro terá lugar no vestíbulo do Pazo Provincial da Deputación un acto institucional que contará coa presenza do dúo Camaño&Ameixeiras, que lerán un texto propio e interpretarán dúas pezas en formato acústico. Ademais, haberá unha declaración institucional.

-Acción nas rúas. Co obxectivo de facer visíbeis situacións reais de agresións sexuais, nas rúas de Santiago, Cee, A Coruña e Ferrol levarase a cabo a acción #RompeOSilencio, a través da que se recollerán testemuñas anónimas que anotarán nun papel as súas experiencias que queiran compartir e posteriormente depositarán nunha furna.

-Pílulas dixitais a pé de rúa. Crearanse breves vídeos divulgativos coas testemuñas de situacións reais recollidas na acción #RompeOSilencio. Compartiranse na web e nas redes sociais.

A campaña inclúe, un ano máis, diferentes accións para incidir na concienciación e sensibilización dun público clave como é a mocidade, a través da divulgación dende unha mirada en positivo.

Outros artigos

Domingo con chuvia feble e temperaturas sen cambios

Situación intermedia entre altas e baixas presións en Galicia. Deste xeito, agárdanse ceos con abundantes nubes, con chuvia feble na franxa atlántica e menos probables no norte da Coruña e nas provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas mínimas experimentarán...

+

Colisión múltiple en Cee

Un accidente múltiple con seis turismos implicados no concello coruñés de Cee, saldouse esta tarde con unha persoa ferida. O accidente ocorreu minutos antes das 14:30 horas, na DP-2303, no quilómetro aproximado 11, ao seu paso pola parroquia de A Pereiriña. Foi un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...