Rianxo achega unha axenda cultural de outubro ateigada de concertos, exposicións e espectáculos teatrais

04 Outubro 2023

O mes de outubro en Rianxo vai ser un mes completo en materia de actividades culturais, organizadas polo Concello pero tamén por unha manchea de entidades con sede no termo municipal.

A axenda mensual, compartida xa polo Concello (xunto coa de novembro e decembro) comezou este domingo co VI Ciclo de Novos Intérpretes (Trío Ardora) e prosegue o venres 5, o sábado 7 e o sábado 14 de outubro no IES Félix Muriel, co XIII Seminario de Memoria Histórica (o venres 6 haberá unha ofrenda floral no antigo campo de concentración ás 19.00 horas); o sábado 7 no Auditorio, co espectáculo Fátum de O Catre Teatro (ás 20.30 horas); o xoves 12 na praza da Veliña (Leiro) con Maghua en concerto (ás 21.00 horas); o venres 13 no Auditorio, coa función teatral Alén (teatro de sombras) da Asociación Teatral Paso de Valverde (ás 17.00 horas); o sábado 14 no Auditorio con As que limpan de A Panadaría Teatro (ás 20.30 horas); o domingo 15 no Auditorio co VI Ciclo de Novos Intérpretes (con Belén Carril Miguéns, ás 12.30 horas); o domingo 15 e o domingo 22 no Centro Sociocultural de Atalaia de Asados, con As vellas non deben de namorarse, de Teatro Airiños (ás 19.00 horas); o xoves no Auditorio coas Cantigas de Martín Códax e o Rexurdimento a cargo de Margarita Viso e María José Ladra (ás 20.30 horas); o venres 27 no Auditorio con música galega e latinoamericana a cargo de A Misela de Noia (ás 21.00 horas); o sábado 28 no Auditorio con Os Bolechas en familia visitando unha obra de arte (ás 12.30); o domingo 29 no Auditorio co VI Ciclo de Novos Intérpretes, con Emma Giméntez e Félix Rodríguez (ás 12.30 horas).

Fátum de Catre Teatro

Ademais, o Auditorio acollerá até dende o 14 de outubro ao 5 de novembro unha mostra conmemorativa dos 90 anos de actividade do grupo de teatro Airiños, con sede en Asados. Por outra banda, entre o 20 e o 26 de outubro haberá unha mostra sobre o Pergameo Vindel, tamén no Auditorio Municipal.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.