Outes será até febreiro un fervedoiro de funcións teatrais (este sábado con “Pirolíticos” de Excéntricas)

09 Outubro 2023

O auditorio da Casa da Cultura de Outes acollerá esta tempada 17 obras de teatro: 6 para o público infantil e familiar, 9 de interese xuvenil e adulto e 2 de teatro amador, dentro da programación cultural da 28ª edición do Outono Teatral, que deu comezo o 23 de setembro Que animaliño é?, peza infantil de Trémola Teatro.

A Casa da Cultura acollerá unha obra semanal cada sábado, agás nas semanas de Nadal, ate pechar o 2 de febreiro con Comedia Bífida, primeira representación do novo grupo de teatro amador da asociación cívica-cultural Terra de Outes.

A programación conta con máis representacións de grupos amador, teatro infantil e teatro destinado a audiencias máis xuvenís e adultas. Contarase con representacións de compañías coma Producións excéntricas, Olivas Negras, Malasombra Producións, Sarabela Teatro e moitas máis.

As entradas son de balde e poderanse reservar presencialmente na Casa da Cultura a partires do luns anterior á representación.

Logo de Que animaliño é? é a quenda de O rapto de Befana de Olivas Negras (día 30 de setembro); de Carapuchiña Vermella de EducaTeatro (o 7 de outubro); de Pirolíticos, de Excéntricas o 14 de outubro ás 20h; de Arraianos de Sarabela Teatro (o 21 de outubro, ás 20h),; de Ninja de Teatro Ghazafellos (o 28 de outubro ás 19h); de Non podo máis da Escola Municipal de Teatro de Ames (o 12 de novembro ás 19h); de O auto de Castromil de Excéntricas (o 18 de novembro ás 20h); de Testosterona de Malasombra (o 25 de novembro ás 20h); de O péndulo de Inversa Teatro (o 2 de decembro ás 20h), de O Cachopo Máxico (o 9 de decembro ás 19h; de A nena que vivía nunha caixa de mistos de Caramuxo Teatro (o 16 de decembro ás 19h); de Apaga o candil de Contraproducións (o domingo 17 de decembro ás 19h); de O porco de pé de Excéntricas (o 13 de xaneiro ás 20h); de De algo hai que morrer de Malasombra (o 20 de xaneiro ás 20h); de Morte accidental dun anarquista de Talía Teatro (o sábado 27 de xan. ás 20h); e de Comedia bífida do Grupo de Teatro Amador de Outes (o 3 de feb ás 20h).

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.