O conto dos “Zapatiños de cartón” chega a Outes o vindeiro martes

06 Outubro 2023

A Biblioteca Municipal de Outes acolle o vindeiro martres 10 de outubro un espectáculo de contacontos para público infantil e familiar. Trátase do conto Zapatiños de cartón e a carta dos bosques, a cargo do narrador, escritor e activista medioambiental Anxo Moure (o Carballo con Botas). Será a partir das 17.30 horas. Para asistir hai que anotarse previamente na Biblioteca (Casa da Cultura de Outes) ou a través do teléfono 981 850 950.

Ao remate do conto cada nen@ levará para a casa un zapatiño de cartón para pintar e regalar a quen queira.

Anxo Moure

Nado en Chantada o 28 de decembro de 1963, é un escritor e contacontos galego. Contacontos dende 1989 e barqueiro da A.C. Barcas do Miño con experiencia de 25 anos no manexo de embarcacións tradicionais e con actuacións no Miño e no Cabe, no Ulla e mais no mar da Illa de Arousa. As súas actividades son cómicas e divulgativas, enmarcadas no ecoloxismo e o ecopacifismo Impulsou a creación do Cinema Palleiriso na aldea de Garabelos, na parroquia de Mariz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.