O Concello de Noia anunciou a ampliación do crédito destinado ao comedor escolar para satisfacer a demanda das familias. O Goberno local lembrou que en 2017 destináronse 23.500 € en axudas ao comedor e que o curso pasado foron un total de 61.100 €, cifra que se verá incrementada este curso escolar. “Seguimos a ser o Concello de toda a comarca que máis recursos destina en axudas directas ás familias en comedor e material escolar, agora con maior distancia”, engadiron fontes do Concello.




