O Catre Teatro reflexiona sobre este destino este sábado en Rianxo (coa función “Fátum”)

05 Outubro 2023

A Sala Arcos Moldes do Auditorio acolle este sábado 7 de outubro, ás 20.30 horas, a representación da función Fátum, a cargo de O Catre Teatro. Trátase dun espectáculo teatral argallado polo polo grupo de teatro local Airiños, que cumpre en 2023 o seu 90 aniversario, ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Rianxo. A entrada será de balde até completar a capacidade.

A obra, galardoada no certame de teatro amador Terras do Orcellón do Carballiño, achega ao público adulto a un debate histórico da humanidade: se a vida é un conxunto de accións fortuítas, casuais e ao azar ou se se rexe por un destino escrito e imposíbel de mudar.

Sinopse

Fàtum, o fado, o destino… o que está escrito. A humanidade debate dende o seu nacemento se a vida é un conxunto de accións fortuítas, casuais, ao azar, ou está rexida polo destino, inmutábel e escrito dende sempre.

Se o destino rexe as nosas vidas, quen vela polas persoas? As Nornas, personaxes antigas que acompañan á humanidade dende o principio dos tempos. Sempre alí, canda nós en todo momento, observando e supervisando, rutineiras e eficaces, facendo o que se agarda delas… porque todo está escrito. Ou non? E se houbese un trío de Nornas que desexase facer outra cousa, ser diferentes, cambiar o seu destino?

Esta é a historia que conta Fàtum​​​​​​​

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.