O BNG de Rianxo, crítico coa situación de bloqueo do soldo na alcaldía

03 Outubro 2023

O Grupo Municipal de Rianxo emitiu este martes 3 de outubro un comunicado respecto á situación que se vive no Goberno local, no que, sinalan, continúa bloqueado o soldo do rexedor, Julián Bustelo. Para os nacionalistas, o alcalde está a tomar unha “actitude vitimista e culpabilizadora”, responsabilizando a terceiros (os grupos da oposición) do que o BNG cualifica de “situación anómala que no canto de intentar resolverse, estase a utilizar por parte do equipo de Goberno como argumento político”.

No comunicado lembran que o 28 de xullo de 2023, o voceiro do Grupo Municipal do BNG, Xusto
Ordóñez, presentou unha moción para que se desbloqueara o soldo do señor alcalde. “Esta”, sinalan, “foi unha proposta realizada a raíz do acontecido na sesión plenaria celebrada o 13 de xullo, sesión organizativa, na que a proposta da alcaldía sobre dedicacións exclusivas e parciais, non saíu adiante”. Nesa sesión considerouse que “a proposta no seu conxunto non tiña sido obxecto da negociación que a representatividade de cada un dos grupos políticos requiría”.

Na moción presentada o 28 de xullo, o BNG fixo referencia a que a situación actual é “unha anomalía, xa que o alcalde elixido pola Corporación na sesión plenaria celebrada o 17 de xullo de 2023” e ao “ que se lle esixe dedicación de xeito exclusivo no horario establecido para o funcionamento das oficinas municipais, sen prexuízo de prestar unha atención exclusiva aos asuntos urxentes que se presenten fóra deste horario”, non ten “retribución económica que consideramos lle debería corresponder polo desempeño do seu cargo de alcalde”.

Logo o pleno de xullo, explica o BNG, “xa houbo 1 pleno ordinario e 1 extraordinario, habendo tempo suficiente para levar esta moción a pleno, mais non se fixo, nin se deu unha explicación xustificando a
decisión”.

Os nacionalistas din que “na comisión plenaria do venres 22 de setembro para o pleno do 28 de setembro, ao non aparecer esta moción entre os puntos para dito pleno, o noso grupo deixou constancia do esquecemento” e reiterou a súa petición de que esta moción forme parte del. Porén, din, foi “un esforzo inútil, xa que o xoves 28 de setembro esta moción sobre o desbloqueo do soldo do señor alcalde, non formou parte da orde do día”.

Estas son as conclusións que comparte o BNG:

“Consideramos moi grave o que está acontecendo no Concello de Rianxo, xa que se están vulnerando os dereitos democráticos fundamentais dos grupos municipais ao non levar ao pleno correspondente unha moción proposta por un dos grupos políticos que forman a Corporación, sen unha causa xustificada”.

“Cremos que esta é unha acción deliberada e intencionada por parte do grupo de Goberno, que pon
de manifesto a súa falta de ánimo de resolver a anormal situación que se vive na localidade e a súa
continuidade na ausencia de intención de diálogo cos grupos da oposición”.

“Publicamos este escrito con intención de informar á poboación sobre o acontecido, e pregamos e
desexamos que está moción forme parte da vindeira sesión plenaria do mes de outubro, seguindo
así o curso normal da xestión política local. Ademais, esiximos que non se repita o sucedido, e
que as mocións que se presenten para o pleno, non pasen por ningún filtro, que sexan escoitadas e
atendidas, respectando así o traballo da oposición e salvagardando o carácter democrático
que debe imperar en toda corporación política”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.