Luns seguimos con chuvascos e baixa das temperaturas mínimas

29 Outubro 2023

A semana comeza sen cambios no meteorolóxico. Galicia segue na influencia das borrascas, con ventos do suroeste. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvias intermitentes, localmente treboentas, máis frecuentes e intensas pola tarde. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará moderado do suroeste, con intervalos fortes no mar.

Meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do oeste á noite, forza 5 a 6 á mañá e á tarde e 3 a 4 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e 4 a 5 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.