
O escritor José Vicente Domínguez e a concelleira de Educación e Igualdade, Cruz Rivadulla, firmaron hoxe a doazón de varias obras bibliográficas do autor ao arquivo da Biblioteca Municipal de Ribeira.
A concelleira agradeceu a José Vicente Domínguez a decisión de “compartir o seu legado literario co seu concello natal”. Pola súa parte, o autor destacou a súa ilusión pola nova biblioteca que contribuirá a que Ribeira “sexa unha cidade de cultura”.
A relación de ditas obras é a seguinte:
- Un millón de Teselas, 2023
- The last celts, 2015
- Historias de Issia, 2015
- El chuvasquero amarillo, 2021
- Con el sol por la popa, 2003
- La raíña, 2010
- Que nos estades facendo? 2005
- Por mucho que ahora me quieran, 2021
- Veroto el romano, 2012
- O anxelote e outros relatos, 2004
- Muy rojo muy negro, 2014
- Allá está pancho, 2007
- Por qué maltratas tu planeta? 2018
- Haiti cherie, 2015
- Siete días de Marta, 2021
- Así éramos en Benecia, 2006



