Interceptados en Rianxo tres condutores co permiso de conducir suspendido

16 Outubro 2023

A Policía Local de Rianxo fixo balance da actividade desenvolvida polo corpo entre o 9 e o 15 de outubro no concello en materia de mobilidade segura. Ao longo destes días os axentes realizaron unha campaña especial de vixilancia e control das distraccións ao volante en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. Na campaña controláronse 1.140 vehículos, non detectándose ningunha infracción no relativo ós obxectivos da campaña. Malia todo, durante os dispositivos interceptáronse tres condutores que circulaban tendo suspendido o permiso de conducir (dous con perda de vixencia por perda de puntos e outro por telo retirado por orde xudicial), instruíndose as dilixencias por cadanseus delitos contra a seguridade do tráfico, sendo postos os feitos a disposición do Xulgado de Garda de Padrón.

Ademais, denunciouse administrativamente o condutor doutro vehículo por desprazarse no seu automóbil con presenza de drogas no organismo, e tramitándose tres denuncias por infraccións relativas á documentación de vehículos, por carecer de seguro obrigatorio ou ter a ITV caducada.

Estas actividades súmanse ás o corpo policial rianxeiro leva efectuadas en materia de seguridade viaria sendo instruídos 22 atestados por delitos contra a seguridade viaria (14 por conducir con perda de vixencia do permiso por perda de punto, 6 por alcoholemia, e 2 por conducir tendo suspendido o permiso por orde xudicial).

Asemade en datas anteriores foron instruídos 4 atestados e detidas dúas persoas por diversos ilícito-penais e requisitorias xudiciais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...