A Área de Cultura de Rianxo compartiu a axenda de actividades para esta semana, incluíndo non só as propostas que proveñen do Concello senón tamén das entidades e asociacións con sede no termo. A axenda inclúe citas tan relevantes como as Festas de Leiro, o concerto de Maghúa, a representación de As que limpan (de A Panadaría) ou a presentación do libro que conmemora os 90 anos da compañía teatral Airiños, con sede en Asados.

DO XOVES 12 AO DOMINGO 15 DE OUTUBRO
- Festas do Carme de Leiro. Máis información
XOVES 12 DE OUTUBRO
- 21.00 h. Praza da Veliña (Leiro). Música, Maghúa cantareiros en concerto. Máis información
VENRES 13 DE OUTUBRO
- 17.00 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo). Teatro de sombras, Alén a cargo da Agrupación Paso de Valverde. Máis información

SÁBADO 14 DE OUTUBRO
- 11.30 h. Sala de exposicións do Auditorio (Rianxo). Apertura da Exposición, 1933-2023, Airiños 90 anos. Máis información
- 12.00 h. Salón de actos do Auditorio (Rianxo). Presentación do libro, Airiños 90 anos de teatro do pobo Máis información
- 20.30 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo).Teatro, As que limpan da Panadaría. Máis información
DOMINGO 15 DE OUTUBRO
- 12.30 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo).Concerto, Belén Carril (fagote) acompañada por Natalia Méndez (piano), enmarcado no VI Ciclo de Novos Intérpretes. Máis información
- 19.00 h. Centro Social da Atalaia (Asados). Teatro, As vellas non deben namorarse a cargo de Teatro Airiños. Máis información



