Este xoves comeza en Isorna o ciclo de xornadas sobre alzhéimer que AGADEA desenvolve nas parroquias rianxeiras

25 Outubro 2023

Este xoves 25 de outubro comeza en Rianxo un ciclo de faladoiros de AGADEA Alzhéimer destinados a divulgar mecanismos e metodoloxías para achegar maior calidade de vida ás persoas con deterioro cognitivo e ás súas familias. O ciclo desenvolverase ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro nas parroquias do concello. O primeiro terá lugar na Casa da República de Isorna e tratará sobre o apoio psicolóxico para persoas coidadoras de persoas con alzhéimer e outras demencias. Celebrarase de 17.00 a 19.00 horas e será impartido pola psicoxerontóloga Alba Iglesias Aldrey. Os faladoiros están abertos á participación de quen o desexe, aínda que se agradece a inscrición previa a efectos dunha mellor organización.

A seguinte cita será o martes 7 de novembro, no Centro Social da Atalaia (Asados), e tratará sobre coidados en pacientes inmobilizados (prevención de úlceras por presión e lesións asociadas á humidade). Será impartida por Ana Calvo (de 17.00 a 21.00 horas), enfermeira do SERGAS.

O martes 21 de novembro chegará a seguinte xornada, da man de Miguel Ángel Gómez, experto en xestión de intelixencia emocional. Desenvolverase a partir das 17.00 horas e tratará sobre como poñernos na pel e na mente dunha persoa con alzhéimer.

En decembro proseguirán as actividades de divulgación cunha xornada sobre a eficacia da terapia ocupacional entre pacientes de alzhéimer (o día 5 de decembro no Centro Sociocultural Vicente Vidal de Leiro, impartida por Irene Vilas, terapeuta ocupacional de AGADEA) e cun encontro de divulgación e formación arredor das vantaxes da fisioterapia para persoas con alzhéimer (no Centro Cultural de Taragoña, coa presenza de Adriana Curros Amboage, fisioterapeuta de AGADEA).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.