A prisión o home detido polo atropelo mortal da Poza Real por sospeitas de posíbel asasinato. A moza de Ribeira en liberdade comparecerá cada quince días

05 Outubro 2023

Finalmente a maxistrada titular do Xulgado de Instrución Nº1 de Santiago enviou a presión provisional sen fianza ao home detido polo atropelo mortal do que informamos estes días dende este medio, acontecido na Poza Real (Compostela) na mañá deste martes 3 de outubro, no que faleceu un veciño da contorna tras ser alcanzado por un vehículo cando paseaba o seu can ás 5.40 da mañá, antes de ir a recoller a súa dona que saía de garda do traballo. A parella do condutor, D.G.C, natural de Ribeira e de 27 anos de idade, quedou en liberdade (aínda que está obrigada a facer acto de presenza no xulgado cada dúas semanas).

O detido, como lembraremos, é un veciño de Teo de 30 anos de idade, cuxas iniciais responden a I.M.F. Tralas primeiras pescudas, recoñeceu ante a Garda Civil ter levado por diante co seu vehículo a J.S.S. veciño de Santiago, ao consideralo “autor das picadas de rodas que se estaban producindo na rúa Poza Real de Arriba”.

A xuíza imputoulle un delito de asasinato ou homicidio, á espera de avanzar a investigación. O ditame podería agravarse pola denegación de auxilio perpetrada polo condutor do Mercedes A200 de cor gris que arroiou ao veciño de Santiago na madrugada do martes, día 3. Polo de agora non transcendeu o motivo real, definitivo, do atropelo. Como dixemos, o acusado recoñeceu estar á devandita hora na Poza Real de Arriba porque “nesa contorna rexistráronse picadas de rodas” e a súa intención era comprobar a identidade do autor destes feitos. Nese momento viron á vítima e pareceulles que estaba a danar un vehículo, polo que quixeron darlle un susto, pero perderon o control do coche que conducían, subíronse á beirarrúa e atropelárono causándolle a morte sen pretendelo. Tamén se baralla a posibilidade de que o móbil do suposto crime se debese a problemas persoais previos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.