A Gala de Turismo Barbanza Arousa reivindica a excelencia dos nosos establecementos e institucións

17 Outubro 2023

Este serán celebrouse no Pazo de Goiáns (Boiro) a Gala de Turismo Barbanza Arousa, organizada pola Mancomunidade Barbanza Arousa, durante a cal entregáronse os distintivos SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino), que certifican a calidade dos establecementos da nosa comarca, e tamén das nosas institucións.

Na cita participaron (entre outras/os) o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, o delegado do Goberno, Pedro Blanco, o alcalde boirense, José Ramón Romero, e a xerente da Mancomunidade Barbanza Arousa, Fátima Cachafeiro.

Durante a Gala do Turismo Barbanza Arousa entregáronse os distintivos que acreditan a calidade turística de empresas e institucións desta comarca no marco do programa SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino). Este sistema de acreditación está promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e concédese anualmente no ámbito turístico a empresas e servizos que cumpran cuns esixentes estándares de calidade para mellorar a experiencia e satisfacción do turista.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, subliñou a aposta do Goberno por facer da comarca do Barbanza “un destino turístico de excelencia”, ao que contribúe cun investimento de máis de 2,5 millóns de euros. Pedro Blanco, que estivo acompañado pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, recoñeceu o esforzo pola transformación do sector turístico e pola calidade que impulsa a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa co apoio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Este apoio, dixo, tradúcese en dous proxectos que xa están en marcha nesta comarca: o Plan de Sustentabilidade Turística Unha viaxe a través dos sabores e o proxecto Traslatio Experiencial.

Pedro Blanco explicou que a implantación do SICTED é unha das actuacións contempladas no proxecto Traslatio Experencial, que busca impulsar e consolidar a ruta Mar de Arousa e Río Ulla, o camiño que evoca a chegada do Apóstolo a Galicia en barco e que decorre polo Barbanza. Este proxecto, lembrou Balnco, recibiu preto dun millón de euros do Goberno no marco das axudas para a transformación dixital das entidades que forman parte do Camiño de Santiago e que están integradas na Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, financiadas con cargo aos fondos do Plan de Recuperación.

Pola súa banda, Trenor destacou que “Galicia superou cun gran éxito a celebración do Xacobeo 21-22 e con cifras pechadas ao mes de agosto, rexistrou no que vai de ano máis de 4,8 millóns de viaxeiros que realizaron máis de 9,5 millóns de noites en hoteis, pensións, cámpings, albergues, apartamentos turísticos e establecementos de turismo rural. Isto supón un incremento dun 6% con respecto ao ano pasado”. Neste senso, sinalou que a innovación, a calidade e a excelencia teñen que seguir sendo a folla de ruta para consolidar as boas cifras en Galicia e máis concretamente nesta comarca. O representante do Goberno autonómico puxo en valor “o excelente traballo do xeodestino de Barbanza Arousa para ofrecerlle ao visitante todo o que pode descubrir neste territorio”.

Trenor rematou a súa intervención subliñando que “a colaboración entre administracións e o sector turístico sitúanos no camiño correcto para fortalecer a marca turística do Barbanza como parte esencial da marca Destino Galicia” e apuntou que “para lograr este obxectivo esta mancomunidade conta coa Xunta de Galicia”.

Polo que respecta a Xosé Regueira, destacou o potencial turístico de Barbanza e Arousa e o apoio da entidade provincial tanto ao proxecto como ao territorio, que rolda os 100.000€ anuais dende 2015 para a mellora da calidade e competitividade. Regueira sinalou que este proxecto encaixa á perfección coa estratexia de turismo da Deputación, onde se prima a calidade como un eixo fundamental en calquera destino turístico solvente da provincia da Coruña. Neste sentido, puntualizou que “contar co selo SICTED, que tamén se está implantando en outros moitos destinos da provincia, é unha garantía absoluta de excelencia”.

Tamén destacou o apoio da Deputación tanto ao noso territorio como ao resto da provincia para o seu desenvolvemento turístico, afirmando que “as cifras turísticas dan boa mostra de que a axuda está servindo para que os destinos sexan competitivos e atractivos no escaparate turístico de Galicia”.

Recoñecementos ao bo facer

A Mancomunidade Barbanza Arousa, que se adheriu ao proxecto SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino) este ano, recoñeceu neste acto o bo facer dos diferentes axentes participantes en prol da mellora cualitativa deste destino turístico.

É o caso das praias pobrenses de Lombiña – Cabío e Os Areos e a ribeirense de Coroso; o Centro Arqueolóxico de Barbanza, a Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital e o Museo Valle – Inclán e as oficinas de información turística da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira, que son algunhas das certificacións, así como diferentes empresas que conseguiron o distintivo como portos deportivos, aloxamentos rurais, restaurantes, vivendas turísticas, unha sala de concertos, unha adega e un servizo de transporte turístico.

Outros artigos

Sábado empeza con nubes que darán paso a sol e temperaturas en alza

O sábado comezaremos a xornada cos ceos cuberto. A partir do mediodía os ceos quedarán con apertura de grandes claros. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas sobre os 25 graos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste. O domingo teremos sol e...

+

Ambar organizou unhas Xornadas de Formación Xurídica

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, con sede principal en Frións (Ribeira) organizou unhas Xornadas deFormación Xurídica abertas á comunidade, ás que tamén asistiron familiares de persoas usuarias do centro e profesionais de Ambar. A actividade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Intentar definir el humorismo, es como pretender atravesar una mariposa, usando a manera de alfiler un poste telegráfico”. Así lo decía Enrique Jardiel Poncela, dramaturgo y novelista español, que a veces sabía muy bien lo que no quería saber. Es, diría yo, como...

“Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia” – Manuel Domínguez

“Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia” – Manuel Domínguez

Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia. Hoy en día no hay razón ninguna, en absoluto para escribir de esta forma tan cruel, que hiere los ojos. Todos los bares tienen prensa gratuita, al momento de tomar un café, cuando se leen las noticias deportivas, prestar un poco...