Ribeira revisa coa veciñanza de Carreira o proxecto da curva da Muiñeira

21 Setembro 2023

O goberno ribeirense achegouse hoxe á parroquia de Carreira para falar coa veciñanza da zona coñecida popularmente como ‘curva da Muiñeira’ e revisar o proxecto de derrubo das edificacións que alí existen para suavizar a curva.
Unha vez revisado o proxecto co persoal técnico, o actual goberno puido comprobar que o goberno anterior fixo moita propaganda e avanzou nun proxecto que non estaba consensuado con todos e cada un dos veciños afectados e carecía dos fondos necesarios para rematalo.
O alcalde Luís Pérez Barral, acompañado do tenente alcalde Vicente Mariño e o concelleiro Fernando Abraldes, acordou facer unha nova medición para suavizar a ‘curva da muiñeira’ e crear unha praza pública con árbores para uso e desfrute de toda a veciñanza.
O Executivo local informa de que medicións se farán nos vindeiros días tendo o visto e prace da veciñanza e que xa están traballando para obter os fondos necesarios para rematar o proxecto conforme o acordado ante a veciñanza.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.