“obarbanza.gal” supera en agosto os 104.072 usuarios

01 Setembro 2023

A nosa web “obarbanza.gal” bate record este mes de agosto superando os 104.072 usuarios. (Esta cifra refricte o número de persoas físicas diferentes que accederon o sitio- Datos de Dinaserver). Esto supón que de media accederon o diario dixital 3.357 usuarios únicos/día.

O crecemento nos últimos doces meses de visitas foi dun 423 %, mentres que os usuarios únicos aumentaron nun 261,95 %. Durante o mes de agosto do ano 2023 leronse de media 12.699 novas/día.

No que vai de ano 2023 acadamos xa 522.550 visitas con 254.395 usuarios únicos. Isto convértenos no segundo medio de comunicación da comarca.

Respecto á procedencia dos nosos lectores os mesmos neste mes proceden de España, Estados Unidos, Noruega, Portugal, Surafrica, Irlanda, Suíza, Colombia, Asutralia e Arxentina, Francia, Alemania, Suecia e Chile e lectores en total de 125 países.

Ase mesmo a nosa publicación mensual “ O Barbanza”, segue a ter unha magnífica acollida da edición en papel, e a próxima semana sairá co número 51 e que coma sempre, cunha tirada de 6.000 exemplares. Isto fai que sexa a publicación con máis exemplares por número da comarca de todalas publicacións e xornais. O mensual é repartido nos concellos da comarca de balde e pode ser descargado tamén en pdf desde a nosa web.

Respecto ás nosas redes sociais tamén seguen crecendo, e así facebook acadou os 3.035  siareiros. Todo un éxito que nos anima a seguir traballando e aumentando os nosos contidos. Adiantar que nuns días lanzaremos unha nova web completamente redeseñada da que informaremos con tempo.

Grazas e xa saben que seguimos contando co seu apoio e colaboración, ben a través do noso email “redaccion@obarbanza.gal” ou do whasapp 608 24 01 60. Invitalos a que nos manden novas, informacións, denuncias, artigos de opinión e avisos. Moitas grazas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.