O Servizo de Deportes de Rianxo achega este curso un amplo abano de actividades para persoas de todas as idades

27 Setembro 2023

O Concello de Rianxo presentou a oferta deportiva para a tempada de Inverno 2023/24, incluíndo as organizadas de xeito directo polo Servizo de Deportes, as escolas de formación dos clubs cos que colabora o Concello (programa deporte base) e as propostas da Piscina Municipal.

Trátase, sinalou a Área de Deportes municipal, “dunha oferta que chega a un amplo rango da poboación e ten un carácter descentralizado, con propostas en todas as parroquias rianxeiras, co obxecto de achegar o deporte a todos/as, en especial a aqueles que mais dificultades teñen de mobilidade (crianzas e terceira idade). Non hai límite de prazas en todos os grupos.

-Ás actividades para a rapazada son modalidades deportivas que se pode acceder nos pavillóns municipais (Iniciación deportiva e 3 escolas deportivas: tenis, patinaxe, patinaxe artístico), na Piscina Municipal e a través das escolas de formación dos clubs rianxeiros (9 modalidades: rugby (novidade), piragüismo, remo, Tríatlon, baloncesto, xadrez, voleibol, fútbol e deportes de combate)

-En canto ás actividades adultos e terceira idade, as persoas interesadas poderán escoller entre 20 propotas distintas, que van desde omultifitness e o tenis nos pavillóns municipais a unha ampla oferta de actividades acuáticas (pool dance, pool salus…) e dirixidas (cross, pilates, step, hipopresivos…) na Piscina Municipal.

-Asemade, mantéñense os grupos de ximnasia para a terceira Idade en todas as parroquias do

concello.

O prazo de inscrición abriu o 21 de setembro e as actividades darán comezo o 2 de outubro. No Pavillón Polideportivo de Rianxo, por mor das obras de substitución da cuberta comezan cando rematen as mesmas. Máis nformación e inscricións no Servizo de Deportes e nos Pavillóns Municipais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.