O concurso Interritmos Sons do Rural (Deloa) recala este venres no pazo de Goiáns

O vindeiro venres 22 de setembro o pazo de Goiáns acolle unha das xornadas do certame Interritmos Sons do Rural, impulsado pola Asociación Deloa. Ás 18.30h celebrarase a actuación de Leni Pérez & Roberto Comesaña, ás 19.00h a xornada A hucha da avoa que contará con Sandra Alvite e MªJosé González Roncero como relatoras, ás 19.45h actuación de Meghúa e ás 20.15h degustación de produtos locais.

Interritmos é un concurso dirixido a músico, grupos e bandas cuxos traballos versen na recreación ou evolución de pezas tradicionais ou na creación de novos temas que “beban da música galega de raíz”. Baixo o título Sons do Rural, este concurso está organizado polos Grupos de Desenvolvemento Rural, Asociación de Desenvolvemento Local Deloa, Ribeira Sacra-Courel , Salnés Ulla Umia, Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes e Comarca de Lugo.