O Concello de Ribeira reúnense coas ANPAs para abordar as necesidades do alumnado neste novo curso

18 Setembro 2023

Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira, Cruz Rivadulla, concelleira de Educación e e Vicente Mariño, concelleiro de Servizos Sociais, mantiveron este luns 18 de setembro unha reunión coas Asociacións de Nais e Pais de Alumnado (ANPAs) con presenza no municipio para abordar as necesidades dos centros e do alumnado no curso escolar 23/24.

No encontro tratáronse diversos temas como o mantemento dos centros educativos.

O Concello explicou que “nos casos nos que a infraestrutura depende da Consellería” elaborará un informe técnico para solicitar as melloras correspondentes que demanda a comunidade escolar.

No tocante ao transporte público, coincidiron en que “as liñas actuais de autobús non se adaptan ao volume do alumnado nin ás súas necesidades”. E engadiron os representantes do Goberno local: “Imos solicitar á Xunta unha reestruturación do transporte público porque é preciso adaptar as rutas e horarios de xeito que fagan servizo aos rapaces e rapazas de tódalas parroquias”.

Ademais disto, o rexedor ribeirense comprometeuse a dar instrucións á Policía Local para que os axentes verifiquen o cumprimento dos horarios e os servizos que a empresa ten encomendados.

Durante a reunión tamén se falou da actual carencia de profesorado para o alumnado con necesidades especiais. “A Consellería precisa axilizar os diagnósticos dos nenos e nenas e reforzar o persoal de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe para garantir unha boa atención ao alumnado”, explicou a concelleira de educación, Cruz Rivadulla.

O Executivo local comprometeuse a trasladar á Consellería de Educación tódalas peticións relacionadas co transporte escolar e a falta de profesorado coa finalidade de mellorar o ensino público no Concello.

Por último, o rexedor informou ás ANPAs de que as subvencións atrasadas que o Goberno anterior non pagara (segundo dixo, as correspondentes aos anos 2018, 2019 e 2021) levaranse a pleno este mes para proceder ao seu abono, así como a convocatoria das seguintes 2022 e 2023.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.