O Concello da Pobra habilita varias zonas para o estacionamento durante o Nazareno de 2023

11 Setembro 2023


Cara a facilita-lo estacionamento na Pobra do Caramiñal con motivo das festas do Nazareno que se desenvolverán do día 15 ao 18 de setembro, o Concello habilita varias zonas xa recorrentes nas celebracións: no Gadis situado nos Areos (noite do sábado e todo o día do domingo e do luns), no
aparcadoiro da rúa Venecia, no de San Lázaro, no Campo da Feira, na explanada portuaria e nas proximidades de acceso ao CEP Salustiano Rey Eiras estará permitido en ámbolos lados da vía, respectando os vaos e sempre que non se obstaculice a circulación.
A maiores, dada a afluencia de xente prevista para a procesión votiva das mortallas, neste ano incorpóranse dúas novas áreas unicamente para o domingo 17: nas inmediacións de Escurís (rúa Manuel Murguía, de 07.00 a 23.00 horas) e no interior do recinto do colexio de Bandaseca.
No que respecta aos autobuses que se despracen á localidade no terceiro domingo do mes co gallo do evento relixioso, deberán efectua-la parada na explanada portuaria.
Cómpre indicar, ademais, que a praza Alcalde Segundo Durán non estará á disposición durante estes días por constituí-lo centro neurálxico no desenvolvemento das actividades que forman o cartel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.