O ciclo de atención a dependentes do IES Félix Muriel ten prazo de matrícula aberto até o 29 de setembro

17 Setembro 2023

O Concello de Rianxo informa de que o Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Félix Muriel aínda ten, neste comezo de curso, prazas dispoñíbeis.

Neste ciclo aprenderemos a atender ás persoas en situación de dependencia no ámbito domiciliario e institucional, co fin de manter e mellorar a súa calidade de vida, realizando actividades asistenciais e non asistenciais, psicosociais e de apoio á xestión doméstica, aplicando medidas e normas de prevención e seguridade, e derivándoas a outros servizos en caso necesario.

O prazo de matrícula remata o día 29 de setembro. Quen precise máis información tena ao seu dispor pode visitar a web da Consellería de Cultura e Educación, no apartado específico do IES Félix Muriel.

O requisito para cursar o ciclo é ter a titulación mínima da ESO ou unha FP Básica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.