O BNG emitiu un comunicado sobre a renovación do firme da estrada CP-7202, que une Burés con
Rianxo, levada a cabo en datos recentes e prolongada a día de hoxe, co repintando das marcas viarias que regulan a circulación do tráfico nesta estrada.
Segundo fan saber os nacionalistas na misiva enviada á Deputación da Coruña e ao actual Concello, a ordenación destas marcas viarias está a causar preocupación aos veciños e veciñas dos núcleos de Asadelos e Atalaia, “porque as novas marcas cambian a ordenación do tráfico de xeito importante ao impedir o estacionamento na marxe dereita da vía en dirección a Rianxo”. Esta modificación, sinalan, afecta de xeito importante o servizo das vivendas particulares e dos establecementos comerciais e negocios alí asentados.”
Dende o BNG amosan no comunicado a súa preocupación pola “adopción desta medida da que descoñecemos os motivos e a xustificación”, sinalan, engadindo que “facemos nosas as preocupacións dos veciños e veciñas de Asados e pedimos a Deputación da Coruña que revise o plan de pintado da estrada, ao efecto de que se prevexa aparcar nas dúas marxes da estrada, tal e como se facía ata agora”.
O grupo dirixiuse tamén ao Concello de Rianxo:
“Dirixirémonos tamén ao Concello de Rianxo, aos efectos de que se faga cargo das preocupacións dos veciños e veciñas de Asados e inste á Deputación de A Coruña a respetar o pintado das marcas viarias tal e como estaban ata agora permitindo zonas de aparcamento a ambas beiras da estrada”.



