O BNG de Rianxo demanda o compromiso da Xunta para afrontar as necesidades construtivas do Colexio Castelao

14 Setembro 2023


O BNG de Rianxo trasladou ao Parlamento de Galicia, a través da súa representante, a pobrense Rosana Pérez a preocupación dos nacionalistas respecto das obras que se están a realizar no Colexio Castelao e que se ben foron valoradas “moi positivamente nun principio”, explican, “non recollen a totalidade da problemática do centro escolar despois de cincuenta anos de vida.

A parlamentaria pobrense Rosana Pérez

Segundo engaden, os traballos estanse a realizar a demanda do conxunto da comunidade escolar, os grupos da anterior Corporación e por iniciativa da Consellería de Educación no marco dos programas do mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea- Next Generation EU. Son, sinalan dende o BNG, obras que levan “o paraugas mediático dunha chamada Nova Arquitectura Pedagóxica”, cun importe que rolda o millón de euros pero que “vemos que non inclúen as seguintes actuacións de importancia e de calado dentro do que debería ser esa nova arquitectura no que atinxe ao centro rianxeiro perdendo unha oportunidade”, apuntan.

Actuacións demandadas polo BNG

“En primeiro lugar actuacións para resolver os problemas de accesibilidade nos dous edificios que o
compoñen. Ningún conta con elevadores, polo que se dificulta o acceso e mobilidade das persoas
con mobilidade reducida. Unha das grandes eivas do proxecto que polo de agora inexplicábelmente
non se resolve”, sinalan.

“En segundo lugar buscábase habilitar da antiga vivenda de conserxería para instalar as oficinas
administrativas e potenciar a ampliación da biblioteca escolar que fica pequena para o amplo
alunado do colexio”, engaden.

En terceiro lugar, apuntan dende o BNG, “non se trocan as luminarias nin a vella caldeira de gasóleo perdendo unha oportunidade de mellorar a eficiencia enerxética do edificio globalmente, unha esixencia acorde cos tempos que vivimos”.

Tamén poñen o foco no peche exterior: “Necesítase a substitución do peche actual para mellorar a
seguridade do centro educativo e para conseguir unha solución integrada co entorno e co propio
centro escolar”.

O BNG di tamén que se ben algunhas das actuacións demandadas aparecían indicadas no proxecto de
Rehabilitación Integral do C.E.I.P. Castelao, “non foron incluídas finalmente no programa de actuación”. Tamén, engaden, “descoñecemtos se haberá unha segunda fase e neste senso cando se prevé acometer”.

Outros artigos

Viladomar suma a Rianxo tres novos murais

O festival Viladomar -Máis alá dos muros- pechou a súa edición de 2026 coa incorporación de tres novos murais ao museo ao aire libre que se constrúe en Rianxo desde 2018. As intervencións de Lula Goce, Alejandro Mosquera e Agustina Shuan parten de historias e símbolos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.