Máis de 300 xinetes percorrerán este sábado a xeografía rianxeira

29 Setembro 2023

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e os membros da Asociación Cabalar De Ruta en Ruta presentaron esta semana os detalles da xuntanza cabalar que se celebra este sábado 30 en Rianxo, e na que está previsto que participen máis de 300 persoas percorrendo a cabalo distintos puntos do municipio rianxeiro. O rexedor salientou “a importancia de eventos destas características que atraen a Rianxo a persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia e que se converten en embaixadoras de Rianxo”. O percorrido será de arredor de 21 quilómetros e trazará un itinerario íntegro polo concello pasando por puntos de especial interese como por exemplo o miradoiro de Castro Barbudo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.