Ler Conta Moito trae a Escarabote (este sábado) a Manuel Pombal e o seu espectáculo familiar “Frumario o bibliotecario”

15 Setembro 2023

Escarabote (Boiro) vai dar acollida este sábado 16 de setembro á representación do espectáculo Frumario o bibliotecario, unha función para público infantil e familiar de Manuel Pombal. Será ás 11.00 horas na Biblioteca de Escarabote. Trátase dun espectáculo do programa autonómico de dinamización da lectura Ler Conta Moito. Nesta función, da man dun personaxe “moi especial” os nenos e nenas descubrirán os segredos máxicos que se esconden nos andeis da biblioteca. Dinámicas escenas de fantasía, asombrosas narracións., ciencia, poesía, música… sorprenderán aos participantes, animándoos a buscar os tesouros que a lectura nos ofrece: emoción, misterio, diversión…

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura Ler Conta Moito que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.