Este domingo comeza en Rianxo o VI Ciclo de Novos Intérpretes (da man do Trío Ardora)

26 Setembro 2023

Este 1 de outubro dará comezo en Rianxo o VI Ciclo de Novos Intérpretes, que abranguerá ata o 26 de novembro, con 5 propostas musicais.

A axenda comeza este domingo co Trío Ardora (óboe-viola-violonchelo) enmarcado no VI Ciclo de Novos Intérpretes. Será ás 12.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Trátase dunha función para todos os públicos, gratuíta até completar capacidade. O concerto está organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña.

O domingo 15 será a quenda de Belén Carril Miguéns (fagot), o 29 de outubro de Emma Giménez (trombón) e Félix Rodríguez (bombardino), o 12 de novembro de Uxía García Conde (frauta travesa) e Alberte Núñez Martínez (acordeón) e o 26 de novembro do Ensemble de Clarinetes da Escola de Música de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.