Dar a coñecer a riqueza dos fondos mariños de Cortegada nunha experiencia de realidade virtual e nunha exposición fotográfica

03 Setembro 2023

A Xunta colaborou este verán na experiencia interactiva O mar en 360º, a través da cal os visitantes do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia puideron gozar durante os últimos dous meses de paseos virtuais baixo o mar dos catro arquipélagos.

Ademais, no caso concreto de Cortegada, os participantes puideron desfrutar dunha exposición pensada para poñer en valor a riqueza natural dos fondos mariños deste arquipélago a través de fotografías tomadas durante estas viaxes interactivas.

Cómpre lembrar que as visitas virtuais O mar en 360º foron posibles grazas ao uso de ROVS (drons submarinos controlados por operador) capaces de transmitir en tempo real as imaxes do fondo do mar que van captando ao longo do seu percorrido, unha tecnoloxía a través da cal calquera persoa pode achegarse e coñecer a biodiversidade mariña que albergan as Illas Atlánticas desde terra firme e, polo tanto, de xeito respectuoso co entorno natural.

Esta iniciativa, deseñada e desenvolvida pola cooperativa galega 13 graos, recibiu unha das axudas concedidas pola Xunta en 2022 para apoiar actividades na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional e financiadas con cargo aos fondos Next Generation.

Outros artigos

Ambar organiza unhas xornadas deemprego en Ribeira e Rianxo

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional organiza este mes de xuño unha actividade para romper barreiras en materia de emprego e igualdade: as Xornadas de Emprego dirixidas a mulleres con diversidade funcional. Desenvolveranse nos concellos de Ribeira...

+

Martes con sol e lixeira baixa das temperaturas

O martes o anticiclón retírase cara ao oeste, polo que se irá perdendo o réxime de ventos do nordés e entrarán ventos máis húmidos de compoñente oeste. Asi comezaremos a xornada cos ceos pouco nubrados ou despexados. A partir do mediodía entrarán as brétemas costeiras...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Para vivir ben, Galicia!”. Luís Celeiro

“Para vivir ben, Galicia!”. Luís Celeiro

A morte, se pensas nela, se recordas ao amigo no cadaleito camiño cara ao máis alá ou seves ao teu pai deitado caladamente nun féretro de madeira nobre, diante dunha multitudede xente chorando, a morte -dicimos- fai estremecer a alma dos vivos, fai que se apague aluz...