A unidade móbil de Coidados Porta a Porta chega a Rianxo o día 26

04 Setembro 2023

A unidade móbil do programa Coidados Porta a Porta, impulsado pola Xunta de Galicia, estará a finais deste mes de setembro en Rianxo. Realizaranse consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria, servizos dos que se poden beneficiar todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta. A unidade móbil recalará en Rianxo o 26 de setembro e ficará na vila até o día 29.

Máis polo miúdo, este programa permitirá que as persoas maiores de Rianxo poidan realizar unha revisión e valoración da súa audición; acceder a un servizo de atención podolóxica para prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés; ou realizar de probas de valoración cognitiva e exercicios de estimulación para a prevención de enfermidades neurodexenerativas coma o alzhéimer.

Para gozar destes servizos as persoas interesadas deben concertar cita previa a través dos teléfonos 622 748 283 – 623 546 992. Tamén a través da conta de correo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.