A patronal de Ribeira acolle desde este luns 18 e ata o 20 de setembro unha xornada sobre mercadotecnia dixital con Javier Rocamora

17 Setembro 2023

A Asociación de Empresarios de Ribeira vai organizar este mes de setembro unha xornada de gran interese para as empresas locais, xa que o obxectivo da mesma é compartir recursos tecnolóxicos que incrementen a produtividade, as vendas, a competitividade, a visualización, a presenza en buscadores e a eficiencia. A xornada Aprende a deseñar unha estratexia de marketing dixital para unha pequena empresa celebrarase o días 18 e 20 de setembro no local que a asociación ten na rúa Rosalía de Castro de Ribeira.

A persoa encargada de impartir os contidos será Javier Rocamora, consultor de mercadotecnia dixital, xestión de redes sociais e comercio electrónico. As prazas son limitadas. As incricións cómpre facelas a través da conta correo@empresariosriveira.com.

A xornada é froito da colaboración entre a patronal de Ribeira e a Cámara de Comercio de Compostela.

O relator da xornada

Como dixemos, a persoa encargada de impartir estes contidos será o experto en ecommerce e redes sociais Javier Rocamora, profesional das novas vertentes da xestión comercial, amais de consultor autónomo e formador especializado neste campo en concreto. Rocamora publica de xeito regular artigos en Marketing For eCommerce, unha das publicacións online de referencia a nivel nacional en comercio electrónico. Entre seus proxectos máis destacados figuran a redacción de contidos no proxecto Vendes en Internet? da entidade estatal Red.es, o deseño e implantación da estratexia dixital a nivel europeo da multinacional islandesa Saeplast, a xestión da campaña estival na Rede de 2017 para Turismo de Galicia e o Camiño de Santiago ou a súa participación en proxectos para Telefónica, Applus, Carrefour, Media Markt, Grupo Vegalsa-Eroski, Pescanova, Elogia Media, BAP Conde, Roi Scroll e un longo etcétera.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.