A nova xunta directiva da ARE inicia a súa andaina cun chamamento á unidade do empresariado local

29 Setembro 2023

A nova xunta directiva da Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) mantivo esta semana a súa primeira reunión presidida pola súa presidenta, Conchi Martínez Quintáns, proclamada na asemblea xeral do pasado 4 de setembro.

Nesta primeira reunión, celebrada o pasado mércores 27 de setembro, a xunta directiva mergullouse en diversos temas clave relacionados co futuro da ARE e a comunidade empresarial local. Como integrantes desta comunidade, os membros da nova directiva recoñeceron “estar firmemente concienciados e comprometidos da necesidade de colaboración con tódolos negocios locais para fortalecer o tecido empresarial e favorecer o seu desenvolvemento económico”.

Entre os puntos tratados nesta reunión, destacan a revisión do estado do programa anual de actividades que se está a desenvolver, con especial énfase nas actividades previstas para este último trimestre do ano. Ademais, comezouse a perfilar o programa de actividades para o 2024 coa achega de diversas ideas destinadas a “conformar un programa dinámico e participativo no que se pretende colaborar con todo tipo de entidades asociativas da vila”, explicaron.

Tamén engadiron que a composición da nova xunta directiva da ARE reflicte “a diversidade do empresariado local” e inclúe “representantes de diversos sectores, uns con décadas de experiencia e outros profesionais máis novos que traen novas ideas e perspectivas para impulsar o futuro dos negocios locais”.

Presidenta: Conchi Martínez (Café Bar O Costillar)

Vicepresidente: Adrián García (tenda de moda A Moreniña)

Secretaria: Cristina Muñiz (asesora financeira)

Tesoureiro: Francisco J. Alcalde (Bandín Audio).

Vogais: Martín Rañó (Rotularama), Jose Manuel Regueira (Regueira Vázquez Asesores e Manuel

Regueira Vázquez SL) e Raquel Figueira (Bar Nova Era).

En nome da xunta directiva da ARE, Conchi Martínez quixo transmitir unha mensaxe a toda a comunidade empresarial de Rianxo: “Estamos aquí para escoitarvos, para apoiarvos e para traballar xuntos na consecución dos nosos obxectivos empresarias. Aos socios da ARE anímovos a facernos chegar as vosas inquedanzas, problemas e necesidades, así como tamén calquera proposta e idea que creades de interese”.

Ademais, aproveitou para convidar a todas as empresas locais que aínda non son socias da ARE a unirse á patronal rianxeira: “Coa vosa unión non só fortalecedes a unidade empresarial da nosa vila senón que tamén teredes a oportunidade de influír directamente no futuro desta e de Rianxo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...