Rozados máis de 25 quilómetros de camiños e parcelas municipais de Ribeira

22 Agosto 2023

O concello de Ribeira acometeu no último mes traballos de roza en máis de 25 quilómetros de camiños e estradas no termo municipal.

Actualmente hai 12 operarios traballando que, dende xullo, intensificaron as tarefas de roza nas parroquias de Aguiño, Oleiros, Corrubedo, Artes, Castiñeiras, Palmeira e Ribeira.

“Estamos a traballar para manter as marxes das estradas libres de vexetación para garantir unha mellor visibilidade así como para evitar danos na infraestrutura.” afirma Tania Redondo, concelleira de Medio Rural e Servizos Municipais. “Tamén era urxente acometer labores de limpeza en outros espazos públicos, como o Parque de San Roque”.

Pola súa parte, o alcalde Luís Pérez explica que as tarefas de roza son esenciais para a prevención de incendios así como para “evitar a acumulación de sedimentos que poidan obstruír o fluxo da auga. Por iso estamos a limpar as gabias e cunetas antes de que comece a tempada de chuvias”. Tamén recordou que “dende o Concello tamén estamos a incidir para que se realicen tarefas de limpeza nas estradas que pertencen á Deputación, coa fin de evitar problemas de visibilidade para os condutores que circulan por estas vías.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.