Os festivos locais de Rianxo en 2024 serán o martes 16 de xullo (Día do Carme) e o 20 de setembro (último día das Festas da Guadalupe)

01 Agosto 2023

Os festivos locais do Concello de Rianxo durante o vindeiro 2024 serán o martes 16 de xullo (Día do Carme) e o venres 20 de setembro (último día das Festas da Guadalupe). Así o decidiu o pleno da Corporación municipal na sesión ordinaria correspondente ao mes de xullo.

Fontes do Concello lembraron que a normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperábeis, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada Concello, e dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbeis e tres fíxanos as Comunidades Autónomas.

Así, as festas do calendario laboral no 2024, incluídos os festivos locais de Rianxo, son: Aninovo, 1 de xaneiro; Epifanía do Señor (Día de Reis), 6 de xaneiro; Xoves Santo, 28 de marzo; Venres Santo, 29 de marzo; Festa do traballo, 1 de maio; Día das Letras Galegas, 17 de maio; Día do Carme, 16 de xullo; Día Nacional de Galicia, 25 de xullo; Asunción da Virxe, 15 de agosto; Venres de Guadalupe, 20 de setembro; Festa Nacional de España, 12 de outubro; Todos os Santos, 1 de novembro; Día da Constitución Española, 6 de decembro; e Natividade do Señor, 25 de decembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...