Os falecidos poderán enterrarse en Galicia a partir das 12 horas e sen féretro

31 Agosto 2023

O Consello de la Xunta deu luz verde a un novo decreto sobre a normativa da sanidade mortuoria en Galicia que, entre outras novidades, reduce de 24 a 12 horas o tempo mínimo de espera para enterrar a un falecido e autoriza o enterramento sen cadaleito, algo que reclamaban as comunidades relixiosas musulmá e xudía.

Este documento substituirá ao decreto 151/2014 e, explicou a Xunta, “mellorará aspectos da regulación para adaptalos aos requirimentos sociais e técnicos existentes”, simplificando as tramitacións e incorporando determinacións da guía consensuada no Sistema Nacional de Saúde.

Segundo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, unha das novidades deste documento é que ampara o enterramento sen féretro por motivos de confesionalidade, algo vetado ata o de agora en Galicia. Con iso, destacou, permitirase a realización de ritos como o musulmán ou o xudeu, que non empregan cadaleito xa que implican que o corpo estea en contacto coa terra.

O proceso será previa demanda e de conformidade coa entidade titular do cemiterio no que se vaia a inhumar o falecido. Conlevará, dixo Rueda, unha maior aplicación do dereito á liberdade relixiosa e a posibilidade de que estes crentes non se vexan obrigados a irse fóra da comunidade para realizar os enterramentos dos seus falecidos.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuniuse precisamente este mércores cos representantes da comunidade islámica en Galicia para informarlles da aprobación deste documento.

O novo decreto tamén inclúe unha modificación dos tempos mínimos esixidos desde o falecemento para poder realizar prácticas sanitarias sobre o cadáver, así como a redución a 12 horas do prazo mínimo para enterrar ou cremar o cadáver, un período que agora era de 24 horas.

A nova regulación tamén dá resposta á “necesidade de reducir o control administrativo preexistente”, optando por unha “intervención máis limitada”, centrada nos aspectos exclusivamente sanitarios do feito.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...