O Concello de Ribeira e a Fundación RIA sentan os alicerces de futuras colaboracións

09 Agosto 2023

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, mantivo este mércores 9 de agosto unha xuntanza co arquitecto inglés afincado en Corrubedo David Chipperfield, impulsor principal da Fundación RIA, entidade independente e sen ánimo de lucro dirixida a reivindicar a sustentabilidade produtiva e arquitectónica e recuperar os modelos tradicionais económicos, construtivos, territoriais e sociais da nosa comarca e doutras contornas xeográficas de características semellantes.

No encontro, tratáronse posíbeis vías de colaboración co Concello de Ribeira no tocante á ordenación e xestión sustentábel do territorio para mellorar a calidade dos entornos habitábeis e preservar a identidade e os valores culturais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.