O Concello de Ribeira deu por rematado o episodio de contaminación microbiolóxica que afectou a Coroso e á Corna

09 Agosto 2023

O Concello de Ribeira informou este 9 de agosto pola mañá do levantamento das restricións de baño nas praias de Coroso (Ribeira) e A Corna (Palmeira) trala notificación por parte da Consellería da finalización do episodio de contaminación biolóxica. Ao mesmo tempo que se levou a cabo o cese das restricións, o Goberno actual acusou ao anterior Executivo de “ocultar información en episodios similares acontecidos en anos anteriores”.

O episodio actual

O pasado luns día 7 o Concello de Ribeira recibiu unha notificación por parte do Servizo de Control de Riscos Ambientais da Consellería de Sanidade alertando da detección de contaminación microbiolóxica na auga de baño nas praias de Coroso e a Corna. De xeito inmediato, colocáronse carteis que recomendaban absterse do baño de xeito temporal, unha medida preventiva “tomada de acordo coa lexislación vixente e baixo recomendación das autoridades competentes”, explicaron fontes do Concello, que encargou nesa mesma xornada a realización de analíticas para certificar o estado das augas, cuxos resultados chegaron no día deste mércores. Neles, explica o Goberno local, “notifícase que as augas están aptas para o baño”.

O equipo de Goberno lembra que no Rexistro do Concello constan informes con episodios similares como os acontecidos na praia do Prado en Corrubedo (o 07/08/2019), na do Porto na mesma parroquia o 07/09/2021 e na Castro-Catía en Castiñeiras-Aguiño (o 07/07/2022). “Ningún destes episodios foron informados polo anterior Goberno a pesar de que algún deles tiña picos de contaminación moi superiores aos detectados agora”, explicou o alcalde Luís Pérez Barral.

Os edís Vicente Mariño e Francisco Suárez tamén destacaron o que consideran “unha falta de transparencia do anterior Goberno” e fixeron saber que seguirán “informando cando sexa necesario porque é a nosa obriga coidar da saúde dos veciños e veciñas” afirmou Francisco Suárez.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...