O Concello de Boiro e a ABE organizan unha festa de despedida do verán os días 25 e 26 de agosto

16 Agosto 2023

O Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresarios (ABE) organizan os días 25 e 26 de agosto unha festa con actividades culturais e descontos nos comercios con motivo do remate do verán e do período de rebaixas. A concelleira de Cultura, María Outeiral, o concelleiro de Comercio, Roberto Lojo, e o presidente da ABE, Daniel García, presentaron o programa na mañá deste mércores 16.

Segundo fixeron saber, os comercios asociados á ABE, que estarán sinalizados, ofrecerán produtos a prezos de liquidación durante a fin de semana e repartirán aos clientes 2.000 bolsas de algodón. Ademais, co rexistro dos tíckets das compras feitas durante a fin de semana sortearanse 1 carro da compra e 50 euros en bonos ABE.

Na presentación explicaron que na praza de Galicia haberá atraccións infantís ás que acceder cos convites que entregarán os comercios participante que estarán o venres en horario de mañá e tarde e o sábado so en horario de tarde. Ademais haberá dous espectáculos infantís: o venres a partir das 20.30 horas animación de rúa itinerante Animacreques de Catropés Animación e o sábado ás 11.30 horas na praza de Galicia A árbore dos desexos de Pillaband.

O sábado 26 de agosto terán lugar no parque da Cachada unha serie de actividades entre as que se atopan o concerto de Leilía de Paisaxes Sonoras, que será ás 13.00 horas. Ás 14.00 horas dará comezo a actuación musical de BlackStereo e unha degustación gastronómica a cargo dos chefs Marcos Santamaría e Manuel Ozores maridada cos viños da IXP Terras de Barbanza e Iria que inclúe unha degustación de mexillón da Cooperativa de Produtores mexilloeiros de Cabo de Cruz (ASMECRUZ) e conservar de JEALSA Rianxeira e que terá un prezo de 5 euros.

A celebración rematará cunha actuación tributo a Maná ás 22.00 horas seguida dunha tirada de fogos de artificio que comezará ás 00.30 horas, as dúas actividades tamén no parque da Cachada.

Programación
Venres 25 de agosto
12.00 a 14.00h, praza de Galicia – festa infantil con inchables e toro mecánico
18.30 a 20.30h, praza de Galicia – festa infantil con inchables e toro mecánico
20.30h, rúas de Boiro – animación de rúas: Animacreques, Catropés
Sábado 26 de agosto
11.30h, praza de Galicia – espectáculo infantil: A árbore dos desexos, Pillaband
13.00h, parque da Cachada – Paisaxes Sonoras: Leilía
14.00h, parque da Cachada – actuación musical Blackstereo, degustación de mexillón e degustación gastronómica
18.00 a 21.00h, praza de Galicia – festa infantil con inchábeis e toro mecánico
19.30h, praza de Galicia – festa da espuma
22.00h, parque da Cachada – concerto tributo Maná
00.30h, parque da Cachada – espectáculo pirotécnico

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.