Julián Bustelo recibe á rapazada saharauí acollida por familias rianxeiras a través de SOGAPS

18 Agosto 2023

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a Concelleira de Política Social, Ana Vidal, recibiron este xoves 17 de agosto, na Casa Consistorial, aos nenos e nenas saharauís acollidos por familias rianxeiras no marco do programa Vacacións en Paz promovido pola entidade solidaria SOGAPS: Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

Ademais do acto oficial de recepción, o rexedor fixo entrega á dita entidade dos máis de 1.300€ recadados na andaina solidaria celebrada fai unhas semanas e os nenos e nenas puideron desfrutar dunha viaxe na histórica goleta Evangelina, con sede no porto de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.