Comezan en Quintáns (Rianxo) as obras de saneamento e abastecemento de auga

03 Agosto 2023

O Concello de Rianxo informou do comezo, con este arrinque de agosto, das obras para a dotación de redes de saneamento e abastecemento de auga no lugar de Quintáns, pertencente á parroquia de Isorna.

O proxecto adxudicóuselle á empresa Mecano Obras y Reformas S.L. por un importe de 177.915,61€.

Fontes do Consistorio engaden que “ao remate da actuación o núcleo de Quintáns contará con 1.063 metros de rede de saneamento e 1.066 metros de rede de abastecemento de agua para consumo”.

As obras a executar constarán basicamente de unha escavación en gabia cun ancho e profundidade variábel segundo as distintas canalización a dispoñer. Despois de realizar esta operación será preciso encher as gabias con material específico ou con formigón en masa para, por último, realizar un pavimentado das vías afectadas polos traballos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.