Segundo explicaron os efectivos do servizo local de emerxencias, a cativa presentaba un forte golpe na zona do abdome. A nena de 6 anos resultó ferida de carácter grave cando foi alcanzada por un automobilista na Rúa Francisco Lorenzo Mariño, en Aguiño, Ribeira. Nas probas, o condutor deu negativo en alcol e drogas. A pequena foi trasladada inicialmente ao Hospital de Barbanza e despois ao Clínico de Santiago no helicóptero H3 do 061 e permanece na unidade de críticos.
Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para pedir axuda cando pasaban uns minutos das doce do mediodía. A partir de aí, activáronse os protocolos correspondentes para facilitar a atención médica necesaria. Deste xeito, avisouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e tamén aos membros do grupo local de emerxencias e aos axentes da Policía Local.




