A Asociación A Moreniña, en colaboración co Concello de Rianxo, organiza as Festas da Guadalupe 2023, que este ano conmemoran os 250 anos da chegada á vila da imaxe da virxe de Guadalupe, a Moreniña. O programa das festas (que van do 8 ao 15 de setembro) podemos consultalo no sitio web festasdaguadalupe.gal e seguir tamén a actualidade nas redes sociais Facebook e Instagram.

As actividades comezarán o venres 8 con Galifunk Brass, Chupitaso, Collón de Lola e Chocolate (e Festa dos 80 e Disco Móbil Tito Maverick). O sábado 9 actuarán a Banda de Beade e logo será a quenda do Rock in Rian con Trécola, Fogo Fatuo, Mekanika Rolling Band e Certame Corais. Tamén actuarán Quinkillada, Sonoro Maxín, Galician Army, EME DJ e Groove Amigos. Pola noite Verbena Sinfónica e Status. O domingo 10 contarase coa presenza da Banda de Negreira, Buxaina, Vai de Roda e pola noite Soprano, Atenas e Saudade. Na mesma xornada celebrarase a procesión marítima e botaranse os fogos artificiais.
O luns 11 comeza cunha actuación da Banda de Arca. As grandes protagonistas serán as Juadalupeñas, Cántalle a Rianxo e o Festivaliño. Pola noite verbena con La Dimensión e Finisterre.
O martes 12 abrirá coa Banda de Rianxo. Será o Dia de Padrón. Celebrarase a cultura urbana con Ceibarimas e Santa Compaña. Pola noite, a Banda Gaudí e o Combo Dominicano. O mércores 13 abre coa Banda de Arcade e Xogando Miudiño. A Feira do Circo virá coa actuación da Fanfarria Furruxa. Haberá verbena con Solara e La Fórmula. O xoves 14 viaxaremos no tempo (ao pasado) co Feirón Mariñeiro. Actuarán Cé Orquestra Pantasma. Haberá Noite Folc con Río de Anxo e Os Mersenarios. E logo será a quenda de La Favorita e Assia.
As festas rematarán o venres 15, que será o Día Infantil e que incluirá o espectáculo Río Bravo, unha festa da escuma, verbena para a rapazada unha peque disco (Moc Moc). Logo será a quenda das bengalas e de entonar A Rianxeira. A verbena virá da man de Fussion e Gran Parada.




