A Escola de Música e Baile Tradicional de Outes iniciará curso cun mes de portas abertas

31 Agosto 2023

O Concello de Outes adiantou detalles sobre o vindeiro curso da súa Escola de Música e Baile Tradicional, que porá o foco, neste inicio de ano académico, en mostrar instalacións, estudos e profesorado ante a veciñanza. Os detalles foron achegados por Anxo Núñez, tenente alcalde de Outes e concelleiro de Cultura, Suso Vaamonde, mestre de música tradicional, e María Mayo, mestra de baile tradicional. Podemos ver as declaracións no vídeo habilitado dende a Área de Cultura do Concello.

Segundo fan saber, a Escola Municipal de Música e Baile Tradicional do Concello de Outes iniciará o novo curso cun mes de portas abertas para toda a cidadanía que teña interese en participar e aprender.

A EMBTO imparte clases de instrumentos tradicionais: gaita, requinta, ocarina, zanfona, acordeón, frautín, e todo tipo de de percusión tradicional: tambor, bombo, pandeireta, pandeiro, pandeira, lata, cunchas, charrasco.

Os venres 1, 8 e 22 de setembro a EMBTO terá as súas portas abertas de 17 a 23 no colexio de Cruceiro de Roo. En baile tradicional os adultos terán horario os venres de 18 a 19, os maiores os sábados de 15:30 a 16:15 e os nenos tamén os sábados de 16:15 a 17:00.

Tamén indicaron que ao longo deste curso o Concello abrirá tamén un proceso participativo para que os participantes da EMBTO acheguen as súas propostas para ter un nome de agrupación “máis recoñecíbel que o acrónimo actual”.

As inscricións entregaranse no concello e poderanse cubrir alí mesmo ou no colexio cos mestres.

As actuacións pendentes da EMBTO están programadas para as 20:30 o venres 29 en Valadares, na véspera das festas de San Miguel, e o venres 15 no Freixo.

A EMBTO tamén conta cun fondo de instrumentos de propiedade municipal que se prestan aos usuarios que así o soliciten. Deste xeito, todas aquelas persoas que se estean iniciando no mundo da música non teñen necesidade de mercar un instrumento precipitadamente, indicaron na presentación do novo curso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.