Xerais 2023: O Bng sube na comarca en votos. Valoración positiva das eleccións estatais do responsable comarcal da formación, Luís Pérez Barral

24 Xullo 2023

O alcalde de Ribeira fai unha valoración dos resultados electorais da xornada de onte:

Unha vez máis o BNG volveu subir nunha cita electoral con 31.000 votos adicionais a nivel galego até acadar as 151.200 papeletas, un 25% máis que nos comicios de 2019, un resultado que permitiu manter un escano reforzado que servirá para defender con máis forza Galiza no Congreso, colocando a axenda galega no centro da política estatal.

En Galiza, o Bloque e a única forza política alternativa ao PP que sube, e a nivel estatal e unha das dúas únicas formacións nacionalistas que aumenta en número de votos, ademais, quedou a 3.000 votos de conseguir o escano de Pontevedra.

A nivel da Barbanza, o BNG mantense en porcentaxes próximas ao 12% e sobe en practicamente nos catro concellos, subindo especialmente en Ribeira con 600 votos máis que nos anteriores comicios.

En todo caso, o responsable comarcal, Luís Pérez Barral, recalcou “non estamos satisfeitos co resultado, queríamos máis por ambición de País pero é certo que a campaña desenvolveuse nun contexto moi difícil, especialmente polarizado no bipartidismo, cun falso enfoque presidencialista e costou moito facer chegar as nosas mensaxes centradas en Galiza”.

Barral augura que o escano do BNG vai ser decisivo para poder conformar un goberno “e o BNG ten toda a vontade de cumprir co prometido en campaña: darlle voz e forza a axenda galega e tamén frear calquera tipo de involución democrática e, neste sentido, parabenizámonos de que hoxe haxa un escenario que evite un goberno da dereita da man da extrema dereita machista, racista e xenófoba, un escenario ao que tamén contribuíu o voto ao BNG”,

O responsable comarcal inicidiu no avanzado pola portavoz nacional do BNG Ana Pontón para explicqr que “desde xa o BNG tende a man para poder negociar un goberno alternativo ao da dereita e a extrema dereita antigalega, unha negociación na que se impulse a axenda galega e se avance en dereitos, liberdades e que sigamos avanzando na defensa de Galiza”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...