Xerais 2023: Pontón, “O BNG tende a man para negociar un goberno alternativo á dereita que impulse a axenda galega e as liberdades”

24 Xullo 2023

A portavoz nacional, Ana Pontón, fixo este domingo unha valoración do resultado das Eleccións Xerais deste 23-X. Nela destacou que “unha vez máis o BNG volveu subir nunha cita electoral con 31.000 votos adicionais até acadar as 151.200 papeletas, un 25% máis que nos comicios de 2019”, un resultado que permitiu manter un escano reforzado que “servirá para defender con máis forza Galiza en Madrid, colocando a axenda galega no centro da política estatal”.

Segundo engadiu, “en Galiza o Bloque e a única forza política alternativa ao PP que sube, e a nivel estatal e unha das dúas únicas formacións nacionalistas que aumenta en número de votos, e ademais, quedou a 3.000 votos de conseguir o escano de Pontevedra”. Pontón recalcou que “non estamos satisfeitos co resultado, queríamos máis por ambición de país pero é certo que a campaña desenvolveuse nun contexto moi difícil, especialmente polarizado no bipartidismo, cun falso enfoque presidencialista e custou moito facer chegar as nosas mensaxes centradas en Galiza”.

Segundo dixo, “o escenario que deixa a noite electoral, moi aberto, vai facer que o escano do BNG sexa decisivo para poder conformar un goberno “e o BNG ten “toda a vontade de cumprir aquilo co que nos comprometimos en campaña: darlle voz e forza a axenda galega e tamén frear calquera tipo de involución democrática e, neste sentido, parabenizámonos de que hoxe haxa un escenario que evite un goberno da dereita da man da extrema dereita machista, racista e xenófoba, un escenario ao que tamén contribuíu o voto ao BNG”, explicou Pontón.

Por iso, indicou enviando unha mensaxe moi clara, “desde xa o BNG tende a man para poder negociar un goberno alternativo ao da dereita e a extrema dereita antigalega, unha negociación na que evidentemente queremos que se impulse a axenda galega e que se avance en dereitos e liberdades. Temos toda a vontade de que esa negociación chegue a bo porto e que sigamos avanzando na defensa de Galiza, na solución aos problemas dos e das galegas e na defensa dos dereitos e liberdades”.

Igualmente, a portavoz nacional, subliñou que “no que dependa do Bloque non vai haber repetición electoral”, e agradeceu “de corazón” o apoio das máis de 150.000 persoas que este domingo con toda ilusión colleron a papeleta do BNG, “que saiban que o seu voto vai ser decisivo e que vai impulsar a axenda galega e as liberdades”, concluíu.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...