O alumnado do Obradoiro de Emprego Pazo de Rianxiño visitou o Festival Internacional de Xardíns de Allariz

13 Xullo 2023

O pasado día 4 de xullo o alumnado-traballador do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, acompañado de membros do equipo docente e de apoio, realizou unha visita didáctica ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz.

A actividade encadrouse na axenda do Certificado de Profesionalidade AGAO0208 (Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes) que se está a impartir nestes intres a 15 persoas do concello de Rianxo, unha axenda que inclúe visitas a espazos axardinados nos que se poidan apreciar persoalmente os contidos desenvolvidos nas materias estudadas.

A celebración do Festival Internacional de Xardíns de Allariz na súa XIII edición ofrece a oportunidade de coñecer, nunha soa xornada, unha colección de creacións que son mostra das tendencias conceptuais, ademais da utilización de novos recursos técnicos e de diversos materiais tanto inertes como vexetais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.